O procedemento de «solicitude de información urbanística» ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.Quen pode presentar unha solicitude
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter información sobre o réxime urbanístico de aplicación a un inmoble, unidade de actuación, ou sector.Como e onde facer o proceso
Preferentemente de forma telemática a través do botón «Iniciar trámite». Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.Documentación
- Solicitude de información urbanística.
- Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística.
- Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións, ou a posibles.
- Dossier fotográfico. Incluír fotografías nos seguintes casos: edificios ou parcelas na zona monumental, edificios ou parcelas suxeitas a protección e parcelas nas que existan edificacións.
- Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal nº 11, reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Nome: Solicitude de información urbanística.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático y Presencial.