Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento

Descrición

O procedemento de «autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento» ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita ao cidadán realizar a acometida de auga e/o rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubaxes xerais e dar inicio ao servizo.Quen pode presentar unha solicitude

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar autorización para a realización de acometidas e o inicio do abastecemento de auga e recollida de lixo.Como e onde facer o proceso

Preferentemente de forma telemática a través do botón «Iniciar trámite». Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.Documentación

  • Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
  • Escritura de propiedade / Contrato de arrendamento. Documento acreditativo do dereito a ocupar o inmoble para o cal se solicita o abastecemento.
  • Licenza de apertura (en caso de locais comerciais). Copia da licenza de apertura, acreditativa da actividade exercida, no caso de abastecementos solicitados para locais comerciais.
  • Xustificante de pago das taxas segundo as ordenanzas vixentes.

Normativa

Máis información

Nome: Autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/Impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.