Comunicación previa de cambio en la actividad

Descripción

A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades do anterior ao novo titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.Quen pode presentar unha solicitude

No caso de traspaso, quen exerza a nova titularidade. No resto dos casos, quen exerza a titularidade da actividade.Como e donde facer o proceso

Preferentemente de forma telemática a través do botón «Iniciar trámite». Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.Documentación

  • Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • Copia de licenza de apertura ou comunicación previa de inicio da actividade.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente.

       No caso de traspaso:

  • Copia do documento xustificativo do cambio de titularidade (escritura de propiedade, contrato de aluguer, etc.).
  • Copia da constitución da sociedade se a houbese.

Normativa

Más información

Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.