A Solicitude de Licenza de Edificación deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:
- Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
- As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
- A localización de casas prefabricadas, piscinas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.
(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).Quen pode presentar unha solicitude
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de edificación.Como e onde facer o proceso
Preferentemente de forma telemática a través do botón «Iniciar trámite». Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.Documentación
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
- Solicitude de licenza de edificación.
- Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
- Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
- Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
- Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
- Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Ordenanza fiscal nº 4, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
- Ordenanza fiscal nº 7, taxa por expedición de licenzas urbanísticas.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Nome: Solicitude de Licenza de Edificación.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.