Prórroga de la licencia de obras

Descrición

O procedemento de «prórroga de licenza de obras» regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.Quen pode presentar unha solicitude

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.Como e onde facer o proceso

Preferentemente de forma telemática a través do botón «Iniciar trámite». Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.Documentación

  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • A partir da segunda prórroga, indicar na solicitude o orzamento pendente de executar e achegar o certificado do arquitecto onde conste este importe.

Normativa

Máis información

Nome: Prórroga de licenza de obras.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso – administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.